martes, 22 de diciembre de 2015

¡AMIGOS! VOLVERON ABRIR CO "NOSO NOME", O QUE FOI O NOSO "MERCROMINA". QUE SAIBADES QUE... ¡NON SOMOS NÓS!

Como moitos de vós xa sabedes, volveron abrir o que foi o noso Mercromina. ¡Non somos nós! Usaron o noso nome e logotipos sen a nosa autorización. 

O Mercromina morreu o 31/10/15.

lunes, 2 de noviembre de 2015

¡ADIÓS AMIGOS!


¡Rematou a aventura! 

Tres anos e medio nos que vivimos grandes momentos, tamén houbo malos, pero sobre todo levamos dentro de nós moi bos recordos. 

Coñecemos xente marabillosa que hoxe en día son grandes amigos e levamos grandes decepcións con xente que considerabamos "amigos".

Bailamos, emborrachámonos, escoitamos boa música, vimos bandas en directo, visualizamos grandes películas e series, sentimos grandes sensacións, démonos bicos e apertas, coidamos de vós, tamén vos berramos cando había que facelo, pero sempre estivemos moi contentos polo bo ambiente que se creou aquí. 

¡Moitas gracias! ¡Pasámolo bomba! Se isto dese cartos sería un traballo caralludo. 

Marchamos coa cabeciña ben alta, pensando que igual puido ser mellor pero sentíndonos moi orgullosos do que fixemos e do trato que vos ofrecemos. Se nalgún momento alguén se sentiu ofendido, pedímoslle desculpas, se non o fixemos xa con anterioridade. Non somos perfectos, claro está, pero seguimos traballando nelo.

¡Sabemos que moitos de vós nos ides botar de menos! ¡Nós tamén! 

Seguimos negociando o traspaso, se alguén máis está interesado que se poña en contacto o antes posible, logo que non se queixe. Pensamos pechar trato estes días. 

Moitas gracias a todos os que nos visitastes durante estes anos, sen vós isto non tería sentido nen sería o Mercromina, a todos os que nos botastes unha man e nos coidastes dalgunha maneira e por suposto aos nosos veciños por permitirnos traballar sen ningún tipo de problema todo este tempo, que saibades que vos mimamos moito. Desculpade se algunha noite vos desvelamos. 

Temos merchandising pendente, por favor, poñédevos en contacto para poder devolvérvolo. 

Aínda non somos moi conscientes da sitiación pero imos botar moito de menos o Mercromina. Aí queda un anaquiño de nós.

¡Adiós Amigos!

sábado, 7 de febrero de 2015

SÁBADO 07/02/2015. A «UKESTRA DO MEDIO» ACTUARÁ ÁS 20H30 NO MERCROMINA.


Hoxe sábado, a Ukestra do Medio (a fabulosa orquestra de ukeleles que debutou o pasado mes de decembro no noso local) volve ao Mercromina para deleitar ao público cun repertorio variado, bonito e divertido. Do Rock á Cumbia pasando polo Bolero, do Country ao Swing pasando polo Tango! A cita é ás 20h30 e a entrada gratuíta (ata completar aforo).

martes, 4 de noviembre de 2014

DESDE O MARTES 21/10/2014 ATA O XOVES 23/11/2014. «CICLO STANLEY KUBRICK» NO MERCROMINA.


MARTES 21/10/14 "BARRY LYNDON"
MÉRCORES 22/10/14 "CARREIROS DE GLORIA"
XOVES 23/10/14 "2001: UNHA ODISEA DO ESPAZO"

MARTES 28/10/14 "TELÉFONO VERMELLO, VOAMOS CARA MOSCÚ"
MÉRCORES 29/10/14 "LOLITA"
XOVES 30/10/14 "O RESPLANDOR"
VENRES 31/10/14 "UNHA VIDA EN IMAXES" (DOCUMENTAL)

MARTES 04/11/14 "ATRACO PERFECTO"
MÉRCORES 05/11/14 "EYES WIDE SHUT"
XOVES 06/11/14 "A CHAQUETA METÁLICA"

MARTES 11/11/14 "ESPARTACO"
MÉRCORES 12/11/14 "O BICO DO ASASINO"
XOVES 13/11/14 "A LARANXA MECÁNICA"

PROXECCIÓNS ÁS 20H30.

Entrada gratuíta.

(*) Debido a que o Martes 11/11/14 non se puido proxectar "ESPARTACO", aprázase para o Martes 18/11/14.