SÁBADO 19/01/2013. «DIXIE TOWN» SHOWCASE (ACÚSTICO + SINATURA DISCOS).
Mañá Sábado 19 de Xaneiro ás 23.30 os nosos Amigos vigueses «Dixie Town» presentan no Mercromina o seu Novo Traballo «O Furacán». Un disco gravado por Pepe Tigruss (con equipos completamente analóxicos) e producido por Mike Mariconda. Sen dúbida, o disco máis persoal e completo da Banda.
Nesta ocasión presentaránse en Formato Acústico e ao rematar poderás conseguir unha Copia de «O Furacán» (LP ou CD) que Pepe (Guitarra e Voz), Óscar (Baixo e Voz) e Lucas (Batería) che Asinarán moi gustosamente.