miércoles, 29 de enero de 2014

EN POUCO MÁIS DUN MES «NOVO INTENTO DE ROUBO NO MERCROMINA ROCK BAR».




Hoxe mércores cando nos dispoñiamos a abrir o Mercromina despois duns días de descanso atopámonos con que nos intentaron volver entrar de novo no bar. Non sei se vos lembrades pero hai pouco máis dun mes (días antes de Nadal), entráronnos e roubáronnos unha boa cantidade de alcol e as propinas de varios meses. Desta vez o intento non foi exitoso, mais fixéronnos varios estragos nas portas traseiras do local situadas na Rúa do Medio (como podedes apreciar nas fotos). 

Se estades interesados en entrar a roubar no Mercromina, comentarvos que aquí nunca deixamos cartos, o único que podedes levar de valor é alcol e desde que nos roubastes por primeira vez, case nen eso, xa que as botellas entán contadas, co cal non vos ides levar un gran botín. Polo resto, aquí pouco máis hai que roubar (que teña gran valor). A Tv (que xa intentastes levar a primeira vez) está bastante pasada de rosca, co cal non vos ides levar ningunha marabilla. Hai cousas que teñen un gran valor sentimental pero seguro que nestas non estades interesados. Así que por favor, deixádenos de forzar as pechaduras e romper os cristais das portas, que o que para vós é un chiste, para nós reparalo supón invertír unha gran cantidade de diñeiro que non dispoñemos. 

Xa está denunciado o intento de roubo e agardamos que de agora en adiante a zona da Rúa do Medio estea un pouco máis controlada polas noites. Aínda así, pregariamosvos aos veciños da zona que esteades un pouco máis atentos a este tipo de historias, xa que onte foi o Mercromina pero mañá pode ser a vosa casa e se por casualidade observades algo fora do normal vos poñades en contacto con nós vía Redes Sociais ou Mail. Asemade, publicamos este post para transmitirlle ao resto dos Hostaleiros Composteláns que estean ao loro pois non somos os primeiros, e como isto siga así, non seremos os últimos en padecer esta serie de roubos.


Atentamente,

Mercromina Rock Bar.