miércoles, 22 de octubre de 2014

SÁBADO 25/10/2014. «PEZ MAGO» ("LUCAS ÁLVAREZ" - GUITARRA E VOZ - ACOMPAÑADO DE "ALEXIS BALANOWSKY" - ACORDEÓN - ) PRESENTA O SEU NOVO DISCO "BAILES DE SALÓN" ÁS 21H30 NO MERCROMINA.


Pez Mago é o novo proxecto do compositor e cantante madrileño Lucas Álvarez de Toledo, tamén músico de Depedro e Marwan.

O segundo disco de Pez Mago saíu á luz este mes de outubro de 2014 e presentarase en directo este sábado 25 de outubro no Mercromina.

Coa producción de Jairo Zavala (Depedro), este disco titulado "Bailes de Salón" afonda en ritmos máis contundentes e letras de carácter máis social.

En directo, Lucas soe estar acompañado polo acordeonista arxentino Alexis Balanowsky, un gran virtuoso do tango.

Lucas ten cinco discos editados en España ao longo da súa carreira, un deles en Arxentina e Uruguai.

Escribíu cancións (música e letra) para artistas de estilos moi diferentes ao seu como Raphael, Mónica Molina, Clara Montes, Sergio Dalma ou Malú.

Realizou 7 xiras por Arxentina, Uruguay e Chile, 3 por México e tamén por Colombia, Perú, Nicaragua, Costa Rica, Venezuela e Guinea Ecuatorial. Actuou en festivais en Rusia, China e toda Europa, tamén por EEUU.

Desde o año 1991 que deu o seu primeiro concerto ata hoxe, Lucas ofreceu uns 1500 concertos e leva 14 años vivindo profesionalmente da música.

Entrada gratuíta (pasarán a gorra).